A MALDICIÓN DE TUTANKAMÓN


 

       É esta unha das maldicións máis famosas da historia. A súa difusión contribuiu a aumenta-lo halo de misterio e de maxia que sempre envolveu ós maxestuosos monumentos funerarios exipcios.

 

       Tutankamón era un xove faraón exipcio da XVIII Dinastía. Chegada a hora da súa morte foi enterrado segundo os seus costumes, nunha tumba rodeado dos seus máis preciados tesoros e gran cantidade de alimento do que disporía na súa outra vida. Pero segundo conta a historia, xamais Tutankamón disfrutou das apetitosas viandas nin luciu as xoias ocultas na súa tumba. En novembro de 1922, Howard Carter atopou, no Vale dos Reises, a momia do xove faraón e os seus tesouros intactos.
       É esta data o inicio da famosa maldición que levaría a traxedia á expedición inglesa. Uns días despois do achado, Carnarvon, o promotor da expedición, murreu de neumonía, o seu can que se atopaba en Inglaterra, tamén murreu.

       A lenda estaba servida. Os problemas e as dificultades cebáronse co resto da expedición que unha vez sen promotor, perdeu os nervios por completo. A causa desto, da pésima actuación da diplomacia inglesa e do crecente nacionalismo exipcio, tras un sen fin de angustiosos avatares burocráticos e penosas batallas legais, o goberno del Cairo terminou con confisca-la tumba de Tutankamón. A expedición que en principio colleitara un brillantísimo éxito,  sumiuse na máis profunda tristeza a causa do seu fracaso e da morte do conde Carnarvon.

       Foi a novelista gótica Marie Corelli, a que aderezou a historia da maldición. Naquel tempo afirmou posuir un primitivo texto árabe que mencionaba as maldicións que seguirían á apertura da tumba, afirmación que se converteu na base popular da maldición de Tutankamón. A prensa gozou do lindo gracias a estas declaracións.
       Tódolos periódicos lanzáronse a publicar un sen fin de artigos que ilustraban a perversa maldición da que eran obxceto os compoñentes da fallida expedición.
       Sir Arthur Conan Doyle, o pai de Holmes, detective moi famoso na época, engadiu máos leña ó lume, declarándose abertamente crente na maldición. O exiptólogo Arthur Wiegall púxolle a guinda ó pastel, publicando Tutankamón e outros ensaios, onde refrendaba a teoría da maldición.

 

       A crenza na maldición que rodea ás momias de Exipto xurdiu polo respeto que sentían os árabes pola maxia exipcia desde que se asentaron no país, ó rededor do século VII d.C. As súas interpretacións centráronse n o axexo dos vivos polos mortos, e desde os seus primeiros textos advirten da resurrección das momias gracias á maxia, baseándose nas ilustracións das tumbas exipcias.

 

       Desde a morte do conde Carnarvon, apareceron na prensa noticias alarmistas relacionadas coa maldición da tumba de Tutankamón, e incluso chegouse a dicir que o voo que transportou os seus tesouros para unha exposición en Inglaterra con motivo do seu 50 aniversario tivo un destino fatal.
       Nembargantes a alguén esqueceuselle comentar que Howard Carter, o descubridor da tumba non morreu ata 1939. ¿Porque destruir unha maldición tan encantadora?




 

PORTADA