|
|
|
A radio é un sistema de comunicación que utiliza as ondas
electromagnéticas que se propagan polo espacio. Existen ondas radiofónicas de
distinta lonxitude que se utilizan normalmente para distintos fins. Adoitan identificarse
pola súa frecuencia. Chámase frecuencia ó número de ciclos por segundo. As
ondas curtas son pois as que posúen unha frecuencia máis alta e as ondas longas
son as que teñen menos ciclos por segundo, ou sexa unha frecuencia máis baixa.
Hertzio é o nome que se lle da ó ciclo por segundo e proven
de Heinrich Hertz, o pioneiro alemán da radio.
As ondas de radio van duns miles de ciclos por segundo a
varios millóns de ciclos por segundo. Esto dito doutro modo é dalgúns
kilohertzios a varios gigahertzios. Estas ondas desprázanse no baldeiro á mesma
velocidade uniforme que tódalas radiacións electromagnéticas: 300.000
kilómetros por segundo. Desprázanse en liña recta dentro dunha atmosfera
uniforme e como a Terra é prácticamente esférica a comunicación radiofónica a
longa distancia é posible gracias á reflexión das ondas de radio na ionosfera.
As ondas de radio non só se utilizan en radiodifusión, tamén
en telegrafía inalámbrica, en trasmisión por teléfono, na televisión, no radar,
nos sistemas de navegación e na comunicación espacial.
Os sistemas normais de radiocomunicación constan de dous
componentes básicos, o transmisor e o receptor. O primeiro xenera oscilacións
eléctricas cunha frecuencia de radio denominada frecuencia portadora. Pódese
amplifica-la amplitude ou a propia frecuencia para varia-la onda portadora. Un
sinal modulado en amplitude componse da
frecuencia portadora e dúas bandas laterais producto da modulación. A
frecuencia modulada (FM) produce máis dun par de bandas laterais para cada
frecuencia de modulación, gracias ó que son posibles as complexas variacións
que se emiten en forma de voz ou cualquera outro son na radiodifusión, e nas
alteracións de luz e escuridade nas emisións televisivas.
A radio converteuse nos
nosos días no aparello eléctrico máis común nos fogares. É moi estraño atopar
unha casa na que non haxa alomenos un destes aparellos. As emisoras de FM
modulada son as preferidas polos xoves e as chamadas de radio fórmula obteñen
nos estudios de ointes ata millóns de adictos. Por esto non é estraño que a
radio nos resulte un aparello moi familiar de uso diario, ó que recorrimos na
procura de diversión, información ou compaña.
Nembargantes, ás veces aparellos tan usuais na nosa vida
cotiá semellanos incomprensibles ou
incluso máxicos. O feito de que ó noso redor pululen un milleiro de ondas que
non percibimos e que só gracias a la radio podemos recibir, non deixa de ser
algo extraordinario a pesares de ser tan común.
Neste artículo vamos a tratar de comprender en realidade o
que é unha radio e cal é o seu funcionamento. Para elo nada mellor que nos
construi-lo noso propio receptor. Evidentemente este non poderá competir coa
nosa columna de alta fidelidade, nin coa nosa super radio de marca coñecida.
Así a todo axudaranos a comprende-lo proceso que os primeiros inventores, como
Marconi o Heinrich Hertz, levaron a cabo.
Necesitaremos:
-1 cable de cobre de 1 y ½ metros.
-1 folla de afeitar.
-1 anaco de cartulina.
-1 un imperdible.
-1 auricular deos que se usan para escoita-la radio.
Cortamos un rectángulo de cartulina un pouco maior ca folla
de afeitar, de tal forma que se poda pegar a esta deixando unha parte libre dun
centímetro nunha das súas puntas. Despois procederemos a practicar unha dobrez nela.
Nesta cravarase o imperdible deixándoo aberto tocando a coitela.
Polo burato do imperdible, atamos un anaco de cable, que se
suxeitará, por exemplo, a unha pola dunha árbore. Despois no extremo oposto da
folla deberemos atar outro anaco de cable que se conectará a un dos dous cables
do auricular. Só resta unir ó extremo que queda do auricular a un cravo
introducido na terra.
Xa temos a nosa radio. Pegando o oído ó auricular poderemos
escoita-la emisora máis potente da zona. A decoración deste estrafalario
aparello, corre a cargo de cada inventor. Desde logo o seu extraordinario
aspecto non contribuirá en absoluto a que ninguén o recoñeza como unha radio.
Nembargantes é tan radio como calquera das que mercamos nas áreas comerciais.