|
|
|
É moi común nas nosas rúas, toparnos con
xoves artistas que permanecen horas e horas inmóbiles, agardando a que os
transeúntes depositen nas súas cestas algunhas moedas. Nese instante o artista
agasállanos con algún pincharagato ou cunha serie de xestos graciosos que
terminan por arrinca-lo sorriso dos paseantes. Son eles os mimos actuais. É
verdade que tamén en certos teatros moi concretos podemos atopar espectáculos
de mímica. Así a todo, para o común dos mortais os mimos son esas personaxes
estrafalarias que vemos cada día nas nosas cidades.
Nembargantes debemos saber que a mímica é
un arte de representación dramática moi antigo que tenta manifestarse mediante
xestos e movimentos corporais.
|
Nos grandes teatros antigos ó aire libre de Grecia e Roma, onde o público podía ver pero apenas podía oír, o mimo era un elemento importante na interpretación. O pantomimus romano era un actor que utilizaba palabras e tamén movimentos estilizados con máscaras para representar ó personaxe acompañado de música e as cancións do coro. A pesar da súa trascendencia no teatro, no século V a igrexa proibiu a estes encantadores personaxes, a causa das súas constantes burlas ós sacramentos. Nese momento da historia a mímica decaeu ata case desaparecer. |
En Asia este arte desenvolveuse moito
antes que en Europa e para estas culturas a mímica representou un papel
esencial nos xéneros dramáticos máis importantes.
En Europa teremos que esperar ó século XVI
para ver en Italia a commedia dell'arte, unha comedia improvisada que axiña se
propagou por todo o continente. A pantomima continuou co Arlequinado durante os séculos XVII e XVIII
en Francia e Inglaterra, que era unha forma desenvolvida a partires da commedia
dell'arte na que se presentaban as aventuras de Arlequín, o seu amante,
Colombina, e o seu pai, Pantaleón.
En Londres, o Arlequinado era precedido por unha escena na que os actores facían mímica e bailaban representando historias da mitoloxía clásica ou contos de fadas, e culminaban coa transformación do personaxe principal en Arlequín. Despois do século XIX, as representacións limitáronse á época de Nadal. Poco a poco a escena inicial mencionada, ou pantomima, foise estendendo e fíxose máis importante có propio Arlequinado, especialmente a principios do século XIX tralo desenvolvimento levado a cabo polo actor Joseph Grimaldi, que destacaba en acrobacias e inventou trucos e maquinaria escénica, dos que se valeu despois para crea-lo personaxe do paiaso Joey. A pantomima emerxeu como un espectáculo de elaborado traballo escénico e de vestiario, baseado en contos de fadas, coa incorporación de cancións, danzas, diálogos, acrobacias e outros elementos de revista inglesa. Convertiuse en tradición que unha actriz xove interpretara o papel do heroe, ou mozo principal, e que un actor cómico interpretara o papel cómico da dama da pantomima.
A pantomima moderna acabou sendo un arte puramente mudo, onde o significado é trasmitido soamente a través do xesto, o movimento e a expresión corporal. Adquiriu o rango de gran arte no século XIX gracias ó actor francés Jean Gaspard Deburau, que refinou os rasgos dun temprano personaxe da commedia dell'arte e creou a partires del a Pierrot, o paiaso ferido de amor. No século XX, dous actores franceses, Étienne Decroux e Marcel Marceau, creador do paiaso Bip, foron mimos de excepción. Os actores de cine mudo de principios do século XX, en especial Charlie Chaplin e Buster Keaton, basaron o seu traballo por entero nas técnicas de mimo para transmiti-las súas historias. |
|