A IGUANA
Tamén chamada "teyú". A iguana é un individuo do grupo maior e de máis complicado deseño dos saurios do Novo Mundo. A excepción de dous xéneros de Madagascar e dun de Polinesia, a familia está confinada case na súa totalidade a esa zona. Os iguánidos comprenden especies que miden desde 7,5 centímetros de lonxitude ata 2 m. Poden ser insectívoros, carnívoros, herbívoros u onmívoros. Moitos son territoriais e todos, excepto as corredoras Sceloporus e as tapayas Phrynosoma; que son en algunhas especies ovovivíparas, son ovíparos. Os ovos, de cáscara donda, son colocados baixo terra.
|
A iguana común, "Iguana iguana", localízase nun área que abarca desde o centro de México ata o sur do continente. Vive nas inmediacións de estanques e ríos, a altitudes que varían desde o nivel do mar ata as montañas. Durante o día, toma o sol nas polas das árbores, polo xeneral encol do agua para, se aparece algún perigo, poder saltar ó río ou ó estanque ( ás veces, desde alturas considerables), mergullarse e permanecer no fondo durante moitos minutos. Corre con rapidez e tamén é boa trepadora, nadadora e megulladora. |
Varias especies das grandes iguanas terrestres "Ctenosaura" atópanse en todo México (onde chegan máis ó norte cá iguana común) e en América Central. Aínda que ascende polas árbores, prefiren caza-lo seu alimento no chan, pois son fundamentalmente carnívoras. A iguana blanquinegra, "Ctenosarua similis", ten grandes mandíbulas musculares que lle permiten cazar roedores, outros lagartos e, en ocasións, aves.
Na zona do Caribe, as especies insulares terrestres do xénero
"Cyclura" permaneceron
illadas entre elas durante o tempo dabondo para que a evolución creara varias
formas diferentes. Todas elas, certamente primitivas, teñen unha estructura
similar, viven no chan e aliméntanse de vexetación e de animais pequenos. Como
excepción, nas Pequenas Antillas e nas illas Vírxenes, preto do norte de
Sudamérica, as iguanas terrestres desapareceron e só se coñecen a través de
fósiles atopados en covas. O seu lugar ocúpao hox a iguana común, seguramente
tras vencer na competencia que se entablou ó superpoñerse as áreas de
distribución respectivas.
Unha das maiores especies insulares é a iguana rinoceronte
de Haití e zonas veciñas, que quizais atinxe o maior peso (aínda que non a maior
lonxitude) dos iguánidos. Ten as mandíbulas máis pesadas cós demais membros do
grupo. Elo, unido ó grotesco deseño das grandes escamas da cabeza, tres das que
son prominentes e están apuntadas sobre o fociño, explica o seu nome vulgar. A
pesares do seu pesado aspecto, é moi rápida para fuxir do home. Incluso estando
acurralada pode atacar, nese caso morde e emprega a cola cunha forza
considerable. É cada vez máis rara debido á profusión co que é cazada.
"Cyclura macleayi!, a iguana terrestre de Cuba, é outra saurio en declive.
Unha forma do Pacífico, a iguana mandarina, Amblyrhynchus cristatus, evolucionou en varias das illas Galápagos. A falta de inimigos naturais fan que o reptil non amose ningún medo ó home, pero o inhóspito medio produciu algunhas alteracións do seu deseño básico, e deu lugar a un reptil único. Aínda que presenta unha actitude territorial moi viable e forte (pero mal entendida), forma grandes manadas, ás veces apiladas en moitas capas sobre rochas costeiras de lava. É herbívora pero se alimenta principalmente de diversas algas que medran na base dos arrecifes e en vastos "campos" megullados. Mergúllanse para pastar encol dos leitos de algas, e é o único saurio que se adaptou a un medio mariño. |
|
Tódalas Iguanas teñen patas e pes, sen que poida probarse
que os estén perdendo, como no caso doutros moitos grupos de saurios.
A cola da especie común está bordeada por unha fileira de
afiladas escamas dorsais semellante ó dentado dunha serra. Como é longa e
delgada, en forma de látego, cando se lanza contra un inimigo pode causar dor e
o afiado borde corta-la tea dunha camisa. A iguana é capaz de se desprender desa
cola como medida defensiva, igual ca moitos outros saurios; pero en tal caso pode
suceder que o apéndice rexenerado non desenvolva os característicos
"dentes de serra". As iguanas carecen de voz, como a meirande parte dos
reptís, pero os exemplares acurralados (en especial, os ciclúridos) emiten ás
veces barballadas moi audibles.
A escamación ornamental, o abanico da garganta, grande e
eréctil, e a orla dorsal da iguana común danlle un aspecto sumamente pavoroso,
que aproveitan os machos para indica-los territorios ocupados sen necesidade de
recorrir á loita. Nos ciclúridos máis primitivos, que carecen de tan
ostensibles ornamentacións, os combates son bastante comúns.
As escuras iguanas terrestres non son capaces de cambiar de
cor en medida apreciable. En cambio, as de pel verde (iguanas verdes) poden
alterar considerablemente os seus matices. En cautividade, e incluso baixo luz
artificial, mantieñen un verde pálido ou un gris ou castaño sombreados. Nembargantes,
nos trópicos e no seu medio natural, adoitan presentar un verde brillante, case
fluorescente, ou un laranxa vivo.
FAMILIA: iguánidos. ORDEN: escamosos. CLASE: reptís. R.P.