CITAS


 

"PODER"

   Os homes situados en altos postos son tres veces servos.

Francis Bacon (Filósofo e político inglés. 1561-íd., 1626)

   Que manden os que teñen que perder
Vicente Blasco Ibáñez (Novelista español. Valencia, 1867-Menton, 1928)

   Os postos de responsabilidade fan ós homes eminentes máis eminentes aínda, e ós viles, máis viles e pequenos
Jean de La Bruyère (Moralista francés. París, 1645-Versalles, 1696)

   Cando o xefe pode o que quere, córrese o gran risco de que quera o que non debe querer
Baldassare Castliglione (Escritor e home de estado italiano. Casatico, 1478-Toledo, 1529.)

   Cun poder absoluto ata a un burro lle resulta fácil gobernar.
Conde de Cavour (Turín, 1810-íd., 1861)

   Nunca os cetros e coroas dos emperadores farsantes foron de ouro puro, senón de oropel e folla de lata.
Miguel de Cervantes Saavedra (Escritor español. Alcalá de Henares, 1547-Madrid, 1616)

   O depositario do poder sempre é impopular
Benjamin Disraeli (Político inglés. Londres, 1804-íd., 1881)

   Non cambies a saúde pola riqueza, nin a liberdade polo poder.
Benjamin Franklin (Filósofo, físico e político estadounidense. Boston, 1706-Filadelfia, 1790)

   Hai dous poderes pacíficos: o dereito e a astucia.
Johann W. Goethe (Escritor alemán. Frankfurt, 1749-Weimar, 1832)

   Dade todo o poder ó home máis virtuoso que exista, axiña o veredes cambiar de actitude
Herodoto. (Historiador grego. Halicarnaso, 484-Sicilia, 425 a. C.)





 

PORTADA