Uxía agachouse entre as mantas da camiña. Seica un terremoto
apoderárase dela. Non. Eran os nervios que a facían tremelicar coma un
cativiño, iso que ela xa era unha mullerciña. Aínda así, na escuridade do seu
cuarto, tentaba albiscar tódolos monstros que a axexaban.
Uns tiñan milleiros de cabezas, outros linguas pingantes de líquido
noxento, algúns repugnantes gafumes que cheiraban a morto e os máis, voces
caveiricas e estarrecedoras que secAn a gorxa e provocan nós no bandullo.
Pero o máis terrorífico de todo inda estaba por descubrir...